Xunta de Galicia

Feijóo destaca o compromiso coa atención primaria con 24 centros de saúde novos ou renovados nesta lexislatura.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso coa atención primaria con 24 centros de saúde novos ou renovados nesta lexislatura, dos cales cinco- Barbadás, Pontedeva, Culleredo, A Capela e Ares- xa están en funcionamento.
https://www.youtube.com/watch?v=-1xgF1Y7e2E
Durante unha visita ás instalacións do novo centro de saúde de Ares, Feijóo destacou, en relación aos 19 centros restantes, que preto da metade están xa en marcha ou en fase de licitación: xa en construción os de Gondomar, O Milladoiro (Ames), A Laracha, A Estrada e A Illa de Arousa; en fase de licitación os de Narón, Paderne de Allariz, Salceda de Caselas e Pereiro de Aguiar; en redacción os proxectos dos de Melide, Bouzas (Vigo) e do centro integral de saúde do Barrio da Residencia de Lugo; pendentes de licitación os do Saviñao e Pazos de Borbén; e pendentes de recibir a cesión dos terreos para os centros de saúde de Caldas de Reis, Lalín, Moaña, Cangas e Santa Lucía, na Coruña.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.