A solidariedade virá da man do trofeo concello de boiro CARLOS MUÑIZ

O campo de Barraña será o protagonista o vindeiro día 23 deste mes, nun eveto no que o deporte e a solidariedade volverán ir collidos da man. Trátase do trofeo Concello de Boiro Carlos Muñiz.

O encontro, enfrontará ó equipo local, o CD Boiro, que milita na Terceira División e á SD Compostela, de Segunda División B. Todo o recadado no partido irá destinado á Cruz Vermella.

O alcalde, Xoán Xosé Dieste, fixo un chamamento á veciñanza non só de Boiro senón tamén da comarca a asistir ó mesmo e colaborar nesta boa causa. O horario do partido está fixado para as catro e media da tarde no municipal de Barraña.
Entre os asistentes hoxe na presentación tamén se encontraba Mariano Ruiz Blanco, o sobriño do deportista que pon Nome a este trofeo. Mariano transmitiu o seu agradecemento e o da súa familia por levar a cabo un evento que homenajea ao seu tio.

A entrada terá un custe de cinco euros.

https://www.youtube.com/watch?v=kyhp442Rb9U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.