Os atletas Lolo Penas e Paula Mayobre gañaron a XXII Carreira Pedestre Popular de Noia, desputada na noite de onte sábado polas rúas da vila noiesa e na que tomaron parte máis de seiscentos atletas.
https://www.youtube.com/watch?v=LBJPqmyEN2g
Penas Blanco impúxose con moita claridade cun tempo de 25 minutos e 52 segundos, cun ritmo de 3 minutos e 13 segundos por quilómetro.
O segundo clasificado foi José Lojo, que chegou á liña de meta instalada da Alameda catorce segundos despois, cun tempo de 26 minutos e 6 segundos. Completou o podio Rubén Caamaño Nieto, do Club Atletismo Sar-Vermú Petroni, cun tempo de 26 minutos e 12 segundos. A carreira foi controlada dende o principio por Lolo Penas, que se mantivo á fronte da proba en todo momento.