A praza de abastos da pobra súmase á campaña internacional quere o teu mercado

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe a praza de abastos da Pobra do Caramiñal con motivo da campaña internacional Quere o teu mercado, que se celebra ata o 30 de maio en 16 países de Europa, América e Asia.

A Consellería de Economía e Industria impulsa a celebración por primeira vez na comunidade desta iniciativa apoiando diferentes actividades de dinamización en máis de 50 prazas de abastos de toda Galicia, en colaboración cos concellos, as federacións e asociacións de praceiros e a Federación Galega de comercio.
Na comarca de Barbanza, participan tamén as prazas de Ribeira e Boiro.

No marco de Quere o teu comercio desenvólvense por toda Galicia distintas propostas para visualizar e promocionar as prazas como pezas clave do comercio de proximidade. Entre as actuacións específicas promovidas pola Xunta xunto co sector celebrarase en todas as prazas de abastos participantes o vindeiro sábado 30 de maio o Día do Mercado, poñendo en valor a calidade e a profesionalidade das prazas galegas.

A iniciativa preséntase como unha divertida oportunidade para que xente de todas as idades e condicións celebren a cultura do mercado local, resaltando o papel que xogan as prazas na compra de produtos frescos e de calidade, na cultura, e a tradición, á vez que se incentiva a creación de novos negocios nos mercados.

https://www.youtube.com/watch?v=w9DubI35j9Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.