FEIJÓO avanza a aprobación dunha partida de 2,3 millóns para mellorar a cualificación de 1.000 desempregados

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación no vindeiro Consello da Xunta dunha partida de 2,3 millóns de euros para mellorar a cualificación de 1.000 desempregados de longa duración con cargas familiares.
Durante unha entrevista na Cadena Cope, Feijóo precisou que o obxectivo é que aquelas persoas que carezan de cualificación adquiran as competencias mínimas para mellorar a súa empregabilidade; e aquelas con certa cualificación consigan unha formación axustada ás necesidades do tecido produtivo.
Esta orde, que se remitirá de xeito inmediato ao DOG para que estea activada neste primeiro semestre de 2015, consistirá na convocatoria de 67 accións formativas de catro tipos e que poderán beneficiar 1.000 persoas: vinculadas coa aprendizaxe de idiomas; coas competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC; dirixidas á obtención das competencias clave en lingua castelá, matemáticas e lingua galega, nos niveis 2 e 3; e para a adquisición de certificados de profesionalidade.

https://www.youtube.com/watch?v=Q3NWnqrA1TU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.