A Xunta está a investir 1,2 millóns de euros nas obras de mellora da Ponte da Barca, que rematarán a finais deste ano e que dotarán á infraestruturas dun aspecto renovada e de melloras funcionais.
https://www.youtube.com/watch?v=FYT_m1apyMk
Estes traballos, ademais, incrementarán a vida útil da ponte e contribuirán a súa posta en valor.
Así o explicaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tras a súa visita aos traballos que xa se están executando na Ponte.
As actuacións na Ponte da Barca acométense despois da inspección en profundidade realizada sobre a estrutura, no marco da supervisión continua e permanente das obras de paso de titularidade autonómica que realiza o Goberno galego.