jueves, septiembre 28, 2023

BREAKING

Os socialistas da POBRA saltan á rúa para escoitar as peticións veciñais

A campaña electoral segue, e esta vez é na Pobra do Caramiñal onde os políticos municipais elexiron o mercado de rúa que se celebra tódolos mércores, para repartir os programas electorais e escoitar as peticións dos veciños.
Nunha xornada intensiva e a tan só catro días das eleccións, a candidata socialista Teresa García e parte dos integrantes da súa lista comezaban a andaina ás 11.30 horas.
Foron moitos os veciños que se achegaron a escoitar as súas propostas e a compartir co grupo socialista as preocupacións e demandas. Estos tamén estiveron repartindo propaganda na que se resumen os obxectivos do seu programa.
Outros partidos políticos como o PP ou o BNG tamén se sumaron á andaina.
Unha xornada que transcurriu con normalidade.

https://www.youtube.com/watch?v=9p5CBZlGJ-g

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.