Un total de 617 persoas tomarán parte este sábado 1 de setembro na Carreira Pedestre Popular de Noia, “A nocturna”, que terá lugar a partir das 21:00 horas polas rúas do municipio.
https://www.youtube.com/watch?v=zKiO-s7ZO1A
Unha proba organizada polo Concello de Noia, en colaboración co Clube Atletismo Noia (CAN), e baixo o control técnico da Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo. Unha proba que forma parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
“A Nocturna” arrincará ás 21:00 horas do sábado cos 70 corredores/as da categoría Chupete (cen metros con saída no Palco da Música e chegada a carón do Concello). Dez minutos máis tarde será a quenda dos 86 “Pitufos”, que cubrirán 260 metros pola rúa Rosalía de Castro (fronte ao Concello) para xirar no Palco da Música e baixar cara a meta.
Ás 21:15 horas saíran 98 benxamíns e alevíns, E O infantís, cadetes e xuvenís arrancarán ás 21:30 horas.
Os 298 participantes na proba absoluta sairán ás 22:00 horas para percorrer unha distancia de 8 quilómetros, dando dúas voltas a un circuíto de 4 km moi semellante ao realizado polos xuvenís, co engadido dun tramo pola rúa República Arxentina ata o campo de fútbol. Ás 23:15 horas terá lugar a entrega de premios na Alameda.
A organización porá a disposición das persoas participantes dous puntos de avituallamento: un a metade de percorrido e outro na liña de meta; así como servizo de duchas no polideportivo municipal ao finalizar as probas. Ademais, todas as persoas que rematen a proba recibirán unha camiseta conmemorativa da proba.