A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou hoxe co alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, un convenio para a rehabilitación do edificio municipal da unidade de atención á drogodependencia, por un importe de máis de medio millón de euros.
https://www.youtube.com/watch?v=THaaSs449gU
Vázquez Mourelle indicou na casa consistorial que con este acordo se amosa a forte aposta que desde o Goberno galego se está a facer pola rehabilitación, facilitando a recuperación dun edificio destinado a fins sociais e polo o que Concello de Ribeira se vai a beneficiar do Fondo de Cooperación, unha nova medida da Xunta dirixida aos municipios de menos de 50.000 habitantes.