Xunta de Galicia

A Consellería do Mar aprobou achegas por importe de case 4,5 millóns de euros para o desenvolvemento de 75 proxectos para dinamizar as áreas costeiras este ano

A Consellería do Mar aprobou este ano un conxunto de axudas para a posta en marcha de 75 proxectos para dinamizar as áreas litorais da nosa comunidade por importe de case catro millóns e medio de euros.
https://www.youtube.com/watch?v=RFF4SSQ4Vi4
Así o adiantou esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, tras unha visita realizada á empresa Lemar Elaboracións Artesás, que desenvolveu unha nova liña de envasado de congro ao abeiro dun proxecto do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro da Costa da Morte. Alí estivo acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.
Así, a conselleira destacou que a posta en marcha desta iniciativa amosa a implicación do sector á hora de crear valor engadido aos seus produtos e acadar así maior valor económico polas súas vendas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.