O Concello informa da instalación de audioguías para proporcionar información turística en torno aos seis miradoiros por antonomasia do municipio de Ribeira: parque de San Roque, Pedra da Ra / Castro da Cidá, A Curotiña (miradoiro de Valle-Inclán, que pertencen ao noso termo municipal), monte de San Alberto, miradoiro de Couso e miradoiro da Garita.
Cada unha destas audioguías está elaborada en cinco idiomas (galego, castelán, inglés, portugués e francés), de tal xeito que o visitante teña oportunidade de acceder a abundantes datos sobre o que pode divisar dende o punto en cuestión.
https://www.youtube.com/watch?v=AS3n0EJXT1w