O Concello de Porto do Son vai levar a cabo o vindeiro mércores día 27 de maio a súa quinta Xornada de Emprego. Esta xornada, enmarcada dentro do ciclo que se leva a cabo dende o mes de xaneiro, vai ter como tema central o emprego na administración pública.
Nesta xornada, as persoas participantes van coñecer as distintas vías de acceso a un emprego na administración pública, convocatorias, requisitos das convocatorias, probas de acceso, temarios, etc.
As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse ou obter máis información na Oficina de Información Laboral do Concello de Porto do Son.
https://www.youtube.com/watch?v=_g87BoPjLtg