A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Vilaboa o apoio da Xunta para a construción de embarcacións que redunden nunha mellora da seguridade dos profesionais do mar e das súas condicións de traballo.
Fíxoo durante unha visita á embarcación bateeira Cani Calvar, atracada no peirao de San Adrián de Vilaboa.
Este buque, destacou a conselleira, é un exemplo desa aposta polas melloras das condicións a bordo que sempre defendeu a Xunta e da súa aposta polo desenvolvemento do sector acuícola e a proba é que se seguen a construír embarcacións coma esta dedicada ao sector acuícola do mexillón, resaltou.