A plantilla máis nova do atlético de riveira foi homenaxeada esta fin de semana no concello

35 nenos acompañados dos seus pais e de adestradores e directivos do Atlético Riveira asistiron esta fin de semana a un acto celebrado no salón de plenos do Consistorio Municipal onde se salintou a traxectoria da entidade deportiva que á súa vez é a máis antiga do municipio.

Os nenos foron recibidos polo alcalde, Manuel Ruiz que felicitou á entidade directiva e corpo técnico polo traballo feito.

Os pequenos acudiron cos trofeos obtidos nesta tempada. Neste senso, os prebenxamíns venceron no torneo da Dorna; os benxamíns foron campións e subcampións do torneo da Dorna, campións dos torneos de Noia e Lesende, e subcampións de liga (xogarán a fase final na Coruña); mentres que os alevíns gañaron os torneos da Dorna e Lesende.

En representación do club falou o seu presidente, Juan Fungueiriño, quen salientou o esforzo dos pais e nais, e máis o seu masaxista José.

Tamén se dirixiu aos asistentes o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.