A Pobra do Caramiñal acollerá os días 10 e 31 de maio o III Torneo de Furtbol 8 “Campus Puebla F.C” para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín que terá lugar no Estadio da Alta.
Para este torneo contarase coa participación do RCD Deportivo da Coruña e RC Celta de Vigo.
As xornadas deportivas darán comezo ás 9 de mañá e prolongaranse ata as 9 da tarde.
Haberá trofeos para os catro primeiros lasificados, para o máximo goleador e para o porteiro menos goleado de cada categoría.
Unha actividade organizada polo Puebla Fútbol Club e onde colaboran o concello, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.