A seis días das eleccións o partido popular segue a realizar o seu labor na comarca do Barbanza.
Arredor de 700 foron as persoas que acudiron ao acto central celebrado este domingo no pabellón da Fieiteira e que estivo encabezado por Manuel Ruíz, un acto ao que asistiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, o senador ribeirense Torres Colomer e a número dous na candidatura, Fabiola García.
Diego Calvo lembrou que, froito da insistencia e a preocupación do alcalde, A Deputación invertiu nestes últimos catro anos máis de 5,6 millóns de euros destinados a infraestructuras no municipio.
Manuel Ruíz pechou as intervencións e destacou de novo as grandes obras públicas executadas no termo desde o 2011 e tamén defendeu o gasto social realizado.
Nun salto xeográfico o presidente da deputación asistiu tamén ao mitin celebrado en Porto do Son, o secretario do PP na provincia da Coruña mostrou o seu apoio á lista popular encabezada por Luís Oujo e asegurou que neste municipio non se pode permitir o luxo de dar un paso atrás.
Jose Manuel Álvarez Campana, o secretario da organización do PP na Coruña apoio a candidatura de Oujo.
Luís presentouse ao acto con ilusión e esperanza e asegurou que se volve a gobernar traerá ao municipio mellores oportunidades.
Na Pobra do Caramiñal tamén reluciron os altos cargos. O actual alcalde acompañou ao novo candidato no acto e lembrou os logros conseguidos nos últimos catro anos.
A Conselleira de Pesca, Rosa Quintana respaldou ao novo candidato e incidiu no traballo que desenvolveu o actual alcalde nas catro lexislaturas que estivo no poder para a poteciación do sector marítimo pesqueiro.
A delegada territorial na Xunta na Provincia, Belén do Campo e o director xeral da garda civil, Arsenio Fernández de Mesa tamén estiveron convidados.
https://www.youtube.com/watch?v=Yv86f5dem3I