Barbanza

Ángeles Vázquez salienta a dimensión social dos programas de desenvolvemento rural nunha visita á asociación Amicos

A asociación de desenvolvemento local Deloa xestionou desde 2017 un total de 1,6 millóns de euros en axudas da medida Leader, que beneficiaron 20 proxectos na área xeográfica das bisbarras coruñesas de Barbanza, O Sar e Noia, incluíndo o concello de Muros.
https://www.youtube.com/watch?v=_Xg_G2Xk1T0
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e do alcalde de Boiro Juan José Dieste, destacou hoxe o importe labor de Amicos , entidada galardoada co primeiro premio da Axencia Galega de Desenvolmento Rural; dotado con 25.000 euros, polo seu labor e o seu compromiso no coidado e atención de persoas con discapacidade intelectual, autismo e parálise-dano cerebral e das súas funcións nas comarcas de Barbanza, Noia e Sar, así como pola posta en marcha do centro de día na parroquia de Comoxo (Boiro) que presta servizo diario a persoas con discapacidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.