A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa un total de 23 obradoiros de emprego específicos para menores de 30 anos nos que participarán un total de 352 alumnos de 57 concellos galegos.
https://www.youtube.com/watch?v=xS2nJx_ptn8
Os apoios que se veñen de conceder, que suman preto de 3,4 millóns de euros, permitirán desenvolver iniciativas centradas en especialidades de ámbitos como a informática e as tecnoloxías da información e a comunicación (TICs); o deseño gráfico; a hostelería e o turismo; a carpintería; o forestal; a xardinería; ou o sociosanitario; e diferentes materias relacionadas coa construción e a industria, entre outros. Estes programas combinan a formación coa realización dun traballo específico, cun contrato de aprendizaxe durante 9 meses.