FILGUEIRA E CASTELAO “fuxiron da apropiación e do conflito, por iso non foron figuras efémeras”, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

O pontevedrés de saber enciclopédico foi onte o gran protagonista no día no que os galegos gabámonos da nosa lingua culta, proletaria, científica, popular, poética e milenaria; tamén das nosas xentes que, coma Filgueira, «contribuiron a formar conciencia de país» e souberona trasladar ós demais, sinalou o presidente da Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
Éste foi o primeiro en intervir no acto institucional da Xunta para comemorar o Día das Letras. Tivo como escenario o instituto Sánchez Cantón, do que Filgueira foi fundador e primeiro director, como lembrou o seu sucesor no cargo, Eladio Otero López, ó dar a benvida ós numerosos convidados, encabezados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
A presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, o da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, ou o do Consello da Cultura, Ramón Villares, así coma o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, foron outros dos representantes políticos e institucións culturais presentes no acto, o primeiro da intensa xornada na que Pontevedra se converteu na «capital literaria do mundo», afirmou o presidente da RAG.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pechou o acto e feliciuse porque malia noites de pedra máis ou menos longas «o galego sobrevive porque o pobo que o sostén non incorre nos dous grandes pecados que minan os idiomas. Tamén comparou a Filgueira con Castelao para afirmar que ambos os dous «fuxiron da apropiación e do conflito, por iso non foron figuras efémeras».

https://www.youtube.com/watch?v=qtbKqut9YCU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.