A asamblea cidadá Boiro Novo aposta polo desenvolvemento rural e pola aplicación de medidades que permitan un mellor aproveitamento agrario.
A defensa que recollen no seu programa sobre a potenciación no medio rural fixo que a candidata ao partido criticara esta fin de semana o abandono por parte do concello de Boiro e da Xunta de Galicia nos últimos catro anos.
Dores asegura que arredor de 1.300 veciños das parroquias de Cures e Boira levan esperando 12 anos a asignación das súas parcelas que agrupan arredor de 10.000 propiedades.
Dende a asamblea aseguran que no ano 2011, o proceso de concentración parcelaria estaba practicamente rematado e que cada propietario ten dende entón adxudicada a súa parcela resultante.
Dores critica a lentitude desta tramitación administrativa e insta a Xunta a que remate con este proceso burocrático o antes posible.
https://www.youtube.com/watch?v=vXPNBJbZ-U8