Mañá comeza a veda do polbo que rematará o vindeiro 1 de xullo

Mañá comeza a veda do polbo, que se prolongará ata o vindeiro 1 de xullo. Así o recolle a resolución do plan experimental para a xestión desta especie para a campaña 2015-2016, que establece o período de veda do polbo para este ano dende as 00:00 horas do 16 de maio ata as 6:00 horas do 1 de xullo de 2015.

As capturas desembarcadas o 15 de maio poderán ser comercializadas tamén o 16 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.

O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas de Galicia. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. Este tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas acadadas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.

https://www.youtube.com/watch?v=Aqur5TRJAIM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.