Unha app e un folleto con estética manga, o froito do traballo de 275 alumnos de eso de seis centros sobre violencia de xénero

A concelleira de Igualdade do Concello, Aroa Fernández, e a directora do Centro de Información á Muller, Dolores Crujeiras, deron conta no día de hoxe do resultado do labor que ata 275 alumnos de ESO pertencentes a seis centros educativos realizaron este curso para aprender sobre a violencia de xénero e a igualdade.

Este labor materializouse en dúas accións concretas: unha aplicación para smartphone con tecnoloxía Android e un orixinal folleto de estética manga.

No primeiro dos casos, foron 120 alumnos pertencentes aos colexios Bayón, A Milagrosa de Oleiros, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Galaxia os que se ocuparon de deseñar unha app orientados e asesorados por un experto en programación deste tipo de ferramentas. Cuestións relacionadas coa seguridade nas redes sociais ou as consecuencias legais da violencia sexista son algúns dos moitos contidos que se poden acceder a través da aplicación.

E no segundo caso, 155 rapaces do IES Número 1 e do IES Leliadoura traballaron nun folleto ilustrado con estética manga no que se explican distintas cuestións vinculadas coa violencia de xénero e as relacións de parella.

https://www.youtube.com/watch?v=h5NI9OWQF2c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.