Un total de 18 persoas participaron, do 7 ao 10 de agosto, nunha nova acción formativa no
eido do cooperativismo organizada polo Concello de Porto do Son en colaboración da unión de
cooperativas Espazocoop.
Baixo o título de “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”, as persoas participantes
coñeceron e puxeron en práctica os aspectos máis importantes para a elaboración dun plan de
empresa baixo a fórmula xurídica da cooperativa (trámites de constitución, área organizativa,
área comercial, área financeira, etc.).
Ademais do seu aproveitamento no ámbito do cooperativismo, esta acción formativa é
puntuable con 0,40 puntos no baremo de marisqueo a pé.