O Concello de Deportes organiza a través da súa área de Deportes o Trofeo de Tenis Santa Uxía, que dará comezo a partir do 18 de agosto.
https://www.youtube.com/watch?v=a7iL_-KG2Wg
Os interesados en participar poden inscribirse ata o 16 ás 12 horas no teléfono 691 203 243 (Blas). Haberá dúas categorías: absoluto masculino (trofeo e vale de 200 € en material deportivo para o primeiro, trofeo e vale de 100 € para o segundo, e vale de 25 € para o terceiro e cuarto clasificados), e dobres (trofeos e cea para 4 persoas para a parella gañadora e trofeos e vales por valor de 25 € para a que resulte finalista).