O presidente de acerga insiste en que os topes de xurelo non manterán o traballo ata o mes de novembro

O presidente da asociación galega de armadores do cerco de Galicia vén de transmitir a súa opinión sobre os topes de xurelo, polo de agora valora positivamente o acordo e asegura que isto supón un primeiro paso positivo para a asociación de armadores do cerco. A pesar disto Juan José non confía en que as cantidades fixadas permitan traballar aos mariñeiros ata o mes de novembro e segue reclamando o reparto das cotas de pesca de maneira igualitaria.

Os dous mil quilos semanais, sumados á asignación por tripulante, garanten a supervivencia dalgunhas embarcacións que, coas anteriores cotas, estaban abocadas a desaparecer. A pesar disto seguen a ser moitas as demandas que plantexa ACERGA como a unificación das zonas oitava c e novena a ou a apertura da pesqueiría do bocarte.

Agardan ademais que nun futuro se proceda á reasignación de cotas de maneira equitativa, sen basearse en criterios históricos, e que o arrastre poida sumarse ó acordo, unha vez solucionados os problemas coa flota de bandeira portuguesa que traballa segundo os topes e a normativa do país veciños.

Juan José asegura que seguirán a manter xuntanzas coa Consellería para conseguir outras das súas reivindicacións como a unificación das zonas Oitava C e Novena A ou a apertura inmediata do bocarte.

https://www.youtube.com/watch?v=1g5yIQxQXPQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.