Arrancan os labores de pavimentación e renovación de servizos nas rúas do BARRIO DE FAFIÁN

O Concello de Ribeira pon rn marcha unha nova actuación na dirixida a pavimentar e renovar os servizos de dúas vías situadas no barrio de Fafián: concretamente, as rúas Blanco Amor e Amado Carballo.

A empresa que está desenvolvendo as obras é Construcciones Anspal e o importe da acción ascende a 130.000 euros. A obra ten un prazo de execución de catro meses.

O pavimento das rúas citadas son de formigón e nelas obsérvanse danos significativos. Ademais, a rede de abastecemento de auga é moi antiga e precisa frecuentes traballos de mantemento, en tanto que as redes de saneamento e pluviais están feitas de formigón e son deficitarias.

https://www.youtube.com/watch?v=99-L9H0dzpE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.