Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Deputación impulsa a recuperación do bordo marítimo da costa de Noia cunha achega de máis de 47.000 euros

O deputado e responsable de Plans Provinciais da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire, asinaron está maña un convenio de colaboración polo que a institución provincial financiará con 47.664 euros a recuperación do borde marítimo de Abruiñeiras, no termo municipal de Noia.
Cartel de YouTube
Tras ser aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos na sesión plenaria do pasado 27 de xullo, a sede da institución provincial acolleu esta mañá a sinatura dun convenio que ten por obxecto “rexenerar, restaurar e renaturalizar“ a franxa litoral próxima á antiga fábrica de motores “Motoraco”, co ánimo de habilitar novos espazos públicos na área colindante á factoría.

Salir de la versión móvil