Unha semana despois da visita ao Parlamento Europeo para seguir en vivo o debate e votación sobre o futuro do xeito, o alcalde de Rianxo mostrou esta mañá a cara esperanzadora do asunto. Asegura que foi deceopcionante non poder traer o asunto solucionado pero por outra banda Muíños fixo fincapé en que hai unanimidade no senso de salvar este arte de pesca tradicional e convida ao optimismo de cara a vindiera reunión.
Muiños asegura que polo de agora os procesos burocráticos dos grupos maioritarios da Eurocámara e da Comisión Europea están a ralentizar o proceso. Dende o BNG aseguran ter presentado diferentes emendas para garantir que o xeito quede excluído da prohibición de redes de deriva, ademais de ter realizado un inxente traballo de denuncia e de argumentación ante as autoridades comunitarias.
Polo de agora en Rianxo os xeiteiros están saíndo a faenar pero teñen cotas de pesca. Muíños asegura que a UE non debería marcar o número de toneladas, senón que este traballo de autorregulación debería ser tarefa da Xunta de Galicia. Polo de agora son arredor de 200 toneladas as fixadas para o conxunto dos xeiteiros, unha cantidade que baixo a opinión do alcalde é insuficiente.