BOIRO NOVO aposta pola participación cidadá e a proximidade entre os representantes públicos e a veciñanza

A Asamblea Cidadá Boiro Novo aposta pola paticipación cidadá e a proximidade entre os representantes públicos e a veciñanza como modelo de goberno municipal.
Para garantir a proximidade entre o goberno municipal cos problemas e preocupacións dos veciños das parroquias contan cunha lista electoral representativa de todo o municipio, na que figuran candidatos/as de todas as parroquias, e propoñem a descentralización do goberno municipal, que consiste en que o equipo de goberno atenda de xeito periódico as demandas veciñais nos locais sociais públicos de cada unha delas.
Ademais disto dende asamblea defenden que a veciñanza participe na aaprobación dos presuspostos municipais. Dores asegura que a veciñanza ten dereito a decidir o destino dos seus impostos, polo que, Boiro Novo, comprométese coa convocatoria de asembleas veciñais para decidir as prioridades existentes en cada lugar.
Dende a asamblea consideran necesario ademais establecer métodos de consulta cidadá para aqueles asuntos e decisións que revistan unha especial trascendencia política para o conxunto do municipio, como poden ser aquelas cuestións que teñan unha incidencia económica, urbanística e social que compromota o futuro do noso concello.

https://www.youtube.com/watch?v=b7ToFvJ8XSs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.