O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, desprazouse esta mañá ata Rianxo para realizar unha visita as instalacións de Astilleros Catoira, unha empresa de carpintería de ribeira con case un século de historia.
Conde sinalou que esta empresa é a proba palpable de que as técnicas de artesanía máis antigas poden evolucionar conforme o fai a industria sen perder a súa esencia, adaptándose aos novos tempos consolidando, deste xeito, a súa actividade.
Neste sentido, explicou que en Galicia a carpintería de ribeira ten aínda pleno sentido produtivo debido á súa condición de potencia portuaria e pesqueira e incidiu no labor de construción e reparación de embarcacións mexilloeiras que realiza Astilleros Catoira.