O RCN de Portosín acolleu o sábado a cerimonia de bendición das últimas embarcacións chegadas ao club, así como o Izado da Bandeira Azul e da Bandeira «Q de Calidade Turística».
https://www.youtube.com/watch?v=WNJEqRH7qJo
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o sábado en Portosín o esforzo do Real Club Náutico do lugar e a calidade dos servizos do seu porto deportivo, un labor recoñecido coas bandeiras Azul e Q de calidade. Así o sinalou durante o acto de izado destes distintivos, onde tamén subliñou que a bandeira azul sitúa unha vez máis a Galicia entre as comunidades que locen maior número de bandeiras, sendo a segunda do territorio español con máis distintivos para praias, e a cuarta con máis recintos portuarios recoñecidos, dispoñendo de 15 portos con bandeira azul.