Ribeira

Arredor de 400 persoas poderán formarse en materia de cultivo de moluscos e peixe a través dos cursos que ofrece a Xunta

A Consellería do Mar convoca 20 cursos de aprendizaxe permanente en cultivo de moluscos e de peixe para este ano.
https://www.youtube.com/watch?v=O9PANp_faaA
Deste xeito formará a arredor de 400 persoas en materia de seguridade e hixiene no traballo, comercialización, patoloxía e xestión sanitaria e lexislación e xestión ambiental entre os meses de setembro, outubro e novembro en diferentes centros e localidades da nosa comunidade.

Á vista da evolución que está tendo este eido e das iniciativas de investigación e innovación encamiñadas a aumentar a sustentabilidade e a produtividade, a Consellería do Mar considera necesaria a posta en marcha desta formación para que o persoal traballador do sector acuícola se adapte aos cambios que se van producindo.

Estes cursos terán unha duración de 6 horas e diríxense aos traballadores asalariados do sector, autónomos vinculados á acuicultura así como os cónxuxes ou parellas de feito destes últimos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.