O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, explicou hoxe na rolda de prensa do Consello que a Xunta destinará 120 millóns de euros en dous anos para reactivar a industria e priorizará a aposta pola fábrica intelixente.
Feijóo asegurou que se aprobou a Axenda para a mellora da competitividade Galicia Industria 4.0 para os vindeiros seis anos, cousa que afirmou, logo de precisar que esta iniciativa nace tras un intenso proceso de participación con todos os axentes implicados, despois de ser consensuada con 120 axentes e tras ser aprobada polo Consello Galego de Economía e Competitividade.
Por outra banda destacou a consolidación da aposta institucional polo dominio ‘.gal’, que será o dominio de referencia en todas as súas iniciativas na rede. Este é o punto principal que se recolle no decreto aprobado este mediodía no Consello, que regulará a partir de agora a presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
https://www.youtube.com/watch?v=kV3xSx25Czc