OS CONTRIBUINTES BARBANZANOS acollidos ao plan pive síntense estafados ao recibir avisos para tributar as axudas

Os contribunintes do Barbanza que se acolleron ao Plan Pive no ano 2013 están a levar unha gran sorpresa dous anos despois dende que a axencia tributaria comezou a enviar avisos para que se poñan ao día cos pagamentos.
As persoas que se acolleron ao plan ata o de agora recibían 1000 euros de subvención por parte da administración e outros mil por parte do concesionario, o que moitos non sabían e que tiñan que declarar a axuda recibida por parte da administración.
Esta falta de información esta a crear gran expectación no Barbanza cando, dous anos despois e, mediante unha carta de facenda, os compradores se detacan de que non incluiron esta subvención na declaración da renda do ano pasado e que deben tributar por esa axuda para comprar un automóbil como ganancia patrimonial no IRPF e se non o fan en prazo deben presentar unha declaración complementaria suxeita a recargas que poden chegar ao 15 % da cota a tributar.
Algúns concesionarios da comarca non avisaron aos compradores, non foi o caso de Brea Motor Ribeira.
A oitava edición do Plan Pive irá ten pendiente a súa aprobación este venres no consello de ministros. As axudas nesta caso van caer nun 25%. Os concesionarios aportarán unha axuda de 750 euros aos interesados e a administración dará a mesma cantidade nunha subvención que hai que declarar.
Salvador Sieira asegura que a posta en Marcha do octavo plan Pive está a traer interesados ao concesionario que prefiren matricular o coche unha vez aprobado.

https://www.youtube.com/watch?v=qadKIjokU_4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.