Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Concello de Noia acomete arranxos nas beirarrúas na Rúa Río do Porto

A brigada de obras do Concello de Noia vén de acometer a mellora dun tramo de beirrarúas na Rúa Río do Porto na intersección coa Rúa Castelao, en Barro.
Cartel de YouTube
Os traballos, levados cabo con medios propios, consistiron na mellora do estado das beirarrúas e na optimización da seguridade viaria. Trátase dunha rúa bastante transitada pola veciñanza, xa que enlaza directamente coa pasarela de acceso á ponte sobre a ría que remata en Testal.

Salir de la versión móvil