BOIRO será o punto neurálxico do barbanza o día DAS LETRAS GALEGAS

A V Romaría das Letras chega un ano máis ao Barbanza. O día 17 de maio Boiro será o punto neurálgico da comarca nuna xornada chea de actividades que dará comezo ás 11.00 horas e se estenderá ata as 22.00 horas.

O programa esta previsto que se vaia desenvolver na rúa pernil de Boiro e no Pazo de Goiáns, pero en caso de chuvia será na Casa do Concello.

A asociación cultural Barbantia e o concello organizan esta actividade que durante todo o día estará adicada ao historiador, ensayista e profesor pontevedrés Xosé Figueira Valverde despois de que a Real Academia galega acordara adicarlle este día.

Entre as actividades destacadas está a entrega de premios do VI Certame de Marcapáxinas que terá lugar na rúa pernil de Boiro á primeira hora da mañá ou o concerto das letras galegas a cargo da banda de música de lousame que será ás 20.30 horas.

Durante toda a xornada estarán abertos ao público os stands dos colectivos colaboradores e a exposición fotográfica sobre Xosé Figueira Valverde.

https://www.youtube.com/watch?v=Fy2yxYsYKTE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.