A maioría das cofradías galegas designaron o pasado sábado día 12 de xullo aos seus patróns maiores. Dende onte o mar xa ten máis de medio centenar das 62 caras que debe obter antes de mañá. En liñas xeráis mandou a continuidade, nalgunhas zonas máis que noutras, e o cambio fíxose notar nos pósitos máis polémicos, algún dos cales, como Cabo de Cruz, deixaron a cita para a última hora do luns.
En Aguiño, José Santamaría Sampedro impúxose aos outros dous candidatos con 8 votos nunha xunta xeral formada por 18 persoas.
http://youtu.be/39sNeiOBQ-Y