Galicia

Máis de 8.300 traballadores e de 3.900 empresarios do mar teñen dereito a votar nas eleccións ás confrarías de Galicia

Un total de 8.378 traballadores e de 3.951 empresarios do sector do mar teñen dereito a votar nas eleccións para a renovación dos órganos reitores das 63 confrarías de pescadores de Galicia, que se celebrarán o 29 de setembro.
https://www.youtube.com/watch?v=NXYhKlfzfk0
Os comicios desenvolveranse en tres partes, tal e como establece a normativa de convocatoria de eleccións que regula todo este proceso electoral e detalla todos os pasos a seguir en cada momento para elixir o patrón maior e os membros do cabido. En primeiro lugar realizaranse as eleccións nas 63 confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.