A concelleira de cultura Encarna Montemuíño vén de presentar as actividades que se van desenvolver ao longo do mes de maio e que xiran en torno á figura de Xosé Figueira Valverde.
O vindeiro día 14 ás 17.30 horas terá lugar a “Festa do Galego” na casa Mariñeira-Parque do Castelo, unha xoenada na que se desenvolverán obradoiros e xogos con música da man de Duende Sico. Os participantes levarán como agasallo o libro “Os Blolechas no Barbanza”.
O día das letras galegas a Pobra homenaxeará a valverde coa actuación polas rúas do grupo de gaitas “Xieda” e das pandereteiras “Aixola” e “Ruadiña”.
O día 19 os máis pequenos poderán disfrutar do Teatro do Mielo “Catro Tempos” que terá lugar no Auditorio O´Lagar.
Xa o 25 pecharase este mes cultural co concerto musical de Paco Nogueiras “Brinca Vai! (de aquí a acolá).
O mes de xuño será o mes do teatro e desenvolveranse eventos para louvar as artes escénicas.
https://www.youtube.com/watch?v=lqbiHJ0OCkQ