A POBRA acollerá este domingo a I concentración BTT Feminina

A Pobra do Caramiñal celebrará este domingo a I Concentración BTT feminina. A saída será ás 10.00 horas na Praza Alcalde Segundo Durán, depois dunha ruta de entre 30 a e 35 km as participantes chegadarán á praza ás 14.00 horas.

A inscrición é gratuíta e pódese facer en Sportbike ou ben en Deportes Maniotas. Tamén se contará con servizo de gardería para as participantes que desexen.

Unha actividade organizada pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, a peña ciclista As Raíñas e a Concellería de Deportes da Pobra do Caramiñal.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.