A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte para os dous próximos anos que permitirá continuar impulsando este destino como un referente en turismo accesible, entre outras accións de mellora e promoción.
https://www.youtube.com/watch?v=8O7XrI5Qnxw
O acordo, dotado cun investimento de 200.000 euros, brinda un marco de estabilidade para acadar os obxectivos deste destino, composto polos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira. O documento prevé cinco liñas estratéxicas, a primeira das cales dá continuidade ao traballo a prol dun turismo inclusivo.