Augas de Galicia impulsará en Noia unha experiencia piloto co fin de dotar a este municipio dun avanzado sistema de información para acadar unha xestión integrada e máis sostible do ciclo da auga.
Noia convértese así no primeiro concello galego que participa no proxecto europeo Aquamundam, que ten como obxectivo a protección medioambiental en espazos transfronteirizos fomentando o uso racional dos recursos hídricos a través da aplicación de metodoloxías e ferramentas tecnolóxicas.
Augas de Galicia impulsará en Noia un proxecto piloto con fondos europeos para mellorar a xestión integral do ciclo da auga


