As restricións e a pouca cantidade non permiten Á flota ribeirense abastecerse de raia

A cota da Raia esta pechada dende o pasado mes de octubre cando comezou a tempada da centola explicaba hoxe o patrón maior de Ribeira.
Foi en xaneiro cando os barcos comezaron a sair en busca deste peixe que o ano pasado figuraba na lista vermella de Cítela cun nivel de 6 sobre 10. Agora mesmo non están saíndo barcos que vaian á raia en Ribeira. O que ben é certo e que tal e como asegura Xosé Pérez a pouca cantidade de produto fixo que os prezos se disparasen na lonxa de Ribeira.
Nin a mosaico nin a branca se poden pescar nin reter a bordo por estar prohibida a súa captura dende finais do ano 2008.
E mentres os mariñeiros galegos tiran eses euros en forma de peixe pola borda, ocórreselles que talvez os científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar tivesen máis razón que un santo ao sinalar nun informe que polo menos a raia mosaica pode ser local ou estacionalmente abundante e capaz de soportar algún esforzo pesqueiro, polo que prohibir totalmente o seu desembarco podería ser unha medida controvertida.
É máis, segundo a Federación Galega de Confrarías, os asesores da Comisión fan ver ao Executivo que non lle recomendaron a actual prohibición e propoñen para a especie unha xestión con medidas de ordenación locais.

https://www.youtube.com/watch?v=SIB65m5RAek

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.