O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, un investimento de 47.664 euros para cofinanciar as obras de recuperación ambiental da costa de Abruñeiras, no termo municipal de Noia.
A achega provincial, articulada a través dun convenio de colaboración co municipio noiés, representa un 80% do orzamento total desta primeira fase dos traballos, cuxo importe total ascende a 59.580 euros. O 20% restante será aportado polo concello.
A Deputación financia a recuperación ambiental do borde marítimo da costa de Abruñeiras, en Noia


