A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitou este sábado a localidade de Boiro, na comarca do Barbanza, onde mantivo unha xornada de traballo para tratar temas como o sector mexilloeiro, emigrantes retornados e o impacto da mina de Touro na comarca.
Ademais explicou a súa experiencia a respecto da crise dos refuxiados durante a misión na que participou coa ONG Proactiva Open Arms.