Tras varias informacións publicadas nas redes sociais sobre a problemática coa electricidade para os feriantes das festas de Ribeira, o concello ven de aclarar a situación.
https://www.youtube.com/watch?v=VmJId8x2BiM
Segundo explican dende o Concello, este nunca estivo implicado no asunto da conexión eléctrica das atraccións de feira das Festas de Verán: este é un tema que sempre foi abordado no ámbito das relacións entre a Comisión de Festas e a entidade a quen se lle adxudica o chan no que se instalan as devanditas atraccións.