Concedida unha achega de 96.000 euros para a activación dunha acci8ón excavatoria no castro da cidá

O Concello de Ribeira acaba de ver confirmada unha achega de máis de 96 mil euros
de fondos Leader, concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e destinada á activación dunha nova actuación de posta en valor no xacemento arqueolóxico de Castro da Cidá.

A acción excavatoria ascenderá a máis de 232 mil euros e focalizarase na plataforma leste do xacemento, sobre unha superficie aproximada duns 300 metros cadrados.

Esta nova iniciativa permitirá por unha banda comprender con menos marxe de erro a arquitectura e articulación urbanística e social do castro, ao tempo que permitirá exhibir publicamente unha nova área, unha vez sexa convenientemente tratada e consolidada.

Ademais, a súa investigación aportará máis datos sobre a comunidade ou comunidades que habitaron o recinto, o que propiciará dotar ao lugar dun discurso histórico rigoroso para poder achegalo con posterioridade ao público.

O prazo de execución dos traballos durará tres meses. Está previsto desenvolvela no presente verán.

https://www.youtube.com/watch?v=rYDeGg5Dbxc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.