Mais dun cento de persoas acompañadas dos 5 grupos da oposición de Boiro percorreron o centro da vila contra a instalación de dous depósitos de gas no Corrillo.
Parte dos veciños que participaron na manifestación accederon á casa consistorial coa intención de participar no Pleno do concello, o alcalde accedeu a adiantar o debate das mocións relacionadas con ditos depósitos, pero negouse a dar a palabra a unha representante da plataforma. Isto causou o enfado dos veciños e tamén dos grupos da oposición.
Manifestación en Boiro e cancelación do pleno pola protesta contra a instalación de dous depósitos de gas


