FEIJÓO destaca o sector da enxeñaría, consultaría e tecnolóxico como unha parte activa do novo modelo económico

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o sector da enxeñaría, consultaría e servizos tecnolóxicos como unha parte activa do novo modelo económico que Galicia está a construír, baseado na competitividade e o coñecemento.

Feijóo, que presidiu esta mañá o almorzo-coloquio coa Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco), salientou o papel fundamental deste sector cando se fala de diversificación dos sectores tractores galegos e da industria auxiliar.

O titular da Xunta aseverou que, en definitiva, se trata dun sector con empresas con talento e potencial claramente exportable co que a Xunta leva traballando desde hai tempo. E, ao fío disto, recordou o acordo de colaboración asinado durante a súa última viaxe institucional a México coa Secretaría de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do país.

Neste mesmo campo e no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, o responsable autonómico recordou que se está a avaliar tamén posibles iniciativas nos Estados Unidos e en Cuba.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.