A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, pasou parte da xornada de hoxe cos participantes no campamento xuvenil Espiñeira en Boiro.
Un grupo de 100 nenos e nenas de entre 10 e 12 anos comparten experiencias desde o pasado día 17 ata o 28 de xullo, no que xa é a segunda quenda de rapaces que visitan o campamento este verán.
Este campamento conta con catro quendas de 12 días de duración cada unha que acollerán ao longo do verán a 400 nenos e nenas.